As Festas do Carme de Camariñas, as mellores da Costa da Morte

As Festas do Carme de Camariñas, voltan a ser un ano máis as mellores festas da Costa da Morte.

As grandes festas da capital do Encaixe xa están a piques de comezar, e será este sábado cando os palcos, a música e miles de persoas, fagan vibrar o paseo marítimo de Camariñas.

E ademáis comeza con sorpresa, tal e como anuncia a Comisión de Festas fai unhas horas nas redes sociais, posto que para o cartel musical do sábado, ademáis do xa anunciado Festival de Dj´s , Disco Móvil Impacto e Spanish Manía, estará a Orquesta D´Moda.

E non podemos olvidarnos, da Danza de Arcos, da procesión marítima, da sardiñada, do pregón a cargo de Paula Esteiro que recibe ademáis un premio merecidísimo, dos rapaciños que tamén terán a súa Danza de arcos menudiña, etc. Este sábado día 14 de xullo, comezan as grandes Festas do Carme que son todo un referente na Costa da Morte e en Galicia.

Desexamos dende OLVEIRA XESTIÓN unhas festas inolvidables a todos os veciños/as de Camariñas e os seus visitantes, na compaña da familia e amigos. Unhas festas para reunirse e disfrutar das tradicións, da boa música, e dos recordos nas sobremesas familiares.

 

 



Deja un comentario